Votos e pagos ilegais por 5.500 € nas Comisións informativas de Narón.

Votos e pagos ilegais por 5.500 € nas Comisións informativas de Narón.

Os membros do Grupo Mixto repartimos a titularidade e as suplencias ás Comisións, como se nos indicou, ao comezo da lexislatura e, como somos de partidos diferentes, dixéronnos que o suplente podía asistir ás mesmas (estando o titular) con voz pero sen voto.

Cando o pasado ano asistín a unha Comisión substituíndo ao Compañeiro do Grupo Mixto e negóuseme o voto pedín explicacións e dixéronme que estaba na comisión con voz pero sen voto, algo ao que aleguei que nesa ocasión actuaba como suplente, pero non se me recoñeceu a representatividade, entón repasando as actas caín na conta de que en realidade nunca se chegou a dar conta ao Pleno dos suplentes.

Tamén me chamou a atención de que os partidos de máis de dous concelleiros suplen aos seus titulares con libre albedrío, cando en realidade o Regulamento de Funcionamento das Entidades Locais deixa ben claro que o voto e indelegable, que a comisión a forman os titulares e que opcionalmente pode nomearse un suplente dando conta ao Pleno.

Esta é unha xogada de  TEGA para non perder representación nas votacións das comisións e de paso os pagos, pois así poden botar man de calquera dos concelleiros que estean polo Concello para substituír ao ausente. Así nos atopamos que das 55 ausencias de titulares na lexislatura ata catro persoas chegaron a substituír a un mesmo titular. De paso os 5.500 euros por esas substitucións tampouco se deixaron de cobrar.

O colmo xa chegou cando, despois de usurpar votos que non lles corresponden, negáronnos a pouca representación que temos porque non tramitaron as suplencias.

Deixa unha resposta