Verdades e mentiras sobre as acometidas do saneamento e da auga.

Como xa é habitual nisto da política dinse moitas “medias verdades”, conxecturas e mentiras, e faltan evidencias e autenticidade. Realmente han visto que se lles presenta unha batalla complicada de gañar e, cando os argumentos fallan ou non son favorables, deciden botar man de todas as súas argucias.

  • Iniciativa dos veciños.

Foron os veciños os que pediron ao concelleiro de ENE a súa intervención para reclamar uns cobros indebidos. Os de Sedes foron os primeiros, pois a obra da rede de sumidoiros da estrada de O Trece foi pagada en case a súa totalidade pola Deputación e agora COSMA, con aprobación da Xunta de Goberno, pretende cobrarlles máis de 106.000 euros, facturando por traballos que non realizou.

Foron os propios veciños de Sedes os que suxeriron o pasar polas casas informando do tema, recollendo apoios e financiamento para levar adiante o recurso.

En O Val, con veciños que xa pelexaron no pasado pola baixada das acometidas, tamén decidiron colaborar cos veciños de Sedes e levar adiante esta reclamación, e os veciños están a ser unha parte moi activa no proceso de información e recollida de financiamento.

A reclamación céntrase nos cobros aprobados para as acometidas de Sedes e, indirectamente, sobre as acometidas das ordenanzas por non cumprir co recolleito no Regulamento dos servizos de abastecemento de auga e saneamento aprobado polo Concello en 2014, que require da elaboración dun orzamento axustado a cada acometida, o cal vai en contra dos cobros fixos recollidos na ordenanza.

  • Sobrefacturación confirmada en O Trece.

Ante esta situación Alfonso Casal solicitou información á alcaldía sobre os gastos realizados nas instalacións de Sedes e, da información facilitada por COSMA a través da Alcaldesa, xa se desprende que o cobro que se pretende está, cando menos, un 38% por encima dos gastos que COSMA afirma que tivo nas acometidas da estrada de O Trece.

  • Sobre a sentenza do TSXG de 2007.

Non houbo desinformación nin hai información incorrecta nos comunicados de ENE, en contra do suxerido polo concelleiro se servizos. Nas asembleas mantidas informouse da sentenza de 2007 e das diferenzas coa reclamación actual, tanto por parte do citado concelleiro como por persoas da Federación de Asociacións do Rural que foron parte activa na devandita reclamación.

A sentenza do TSXG desestimou un recurso concreto, pero iso non avala taxa de saneamento (nin os cobros de acometidas á rede) pois, só se pronuncia sobre a cuestión recorrida. Recurso que aínda tratando sobre a mesma materia, non ten nada que ver co agora reclamado.

  • Eliximos, Coalición entre Vos Verdes-Grupo Verde e Democracia participativa.

Eliximos Narón Electores constituíuse como unha coalición electoral entre Os Verdes e Democracia Participativa, e non ten nada que ver con Podemos e, aínda que algúns dos seus membros estiveron en épocas anteriores participando nos círculos de Podemos, non formaron parte da súa estrutura.

  • Sobre as acusacións persoais ao

A reprobación citada na prensa non mostra máis que un interese de danar politicamente a un rival incomodo que fiscaliza e denuncia accións do Goberno e dalgúns funcionarios, e que quita espazo político á oposición.

Intencionadamente emítense falsidades (como o incumprimento do código ético do concello) ou se expoñen feitos de forma incorrecta para cuestionar as súas accións, pois non houbo ningunha condena senón unha imposición de costas por unha sentenza na que o xuíz non considerou suficientemente acreditada a demanda, na que non se admitiron moitas probas por non consideralas de aplicación debido ao tipo de proceso xudicial empregado, e tampouco se admitiron as probas sobre as continuadas faltas de información en tempo e forma desde o comezo da lexislatura.

Deixa unha resposta