Señora Ethel Vázquez, ¿onde quedou o diálogo?

 

Por fin houbo un político da Xunta que se dignou a dicir algo da senda de O Val, aínda que lamentamos que use a prensa para iso e non se digne a comunicarse cuns veciños, que levan máis de dous meses esperando unha resposta ás súas peticións.

O diálogo nunca existiu.

Segundo a prensa a conselleira dixo que «en todo momento, tentouse dialogar cos veciños, ata a pasada semana, e adaptar no posible o proxecto ás súas demandas», cando a realidade é ben distinta, nunca houbo diálogo, nin a nivel individual nin colectivo, os únicos contactos foron cuns técnicos que se limitaban a aclarar dúbidas e falar dos aspectos positivos, pero que dicían que eles non podían decidir cambios sobre o proxecto. A “adaptación no posible” limitábase a recoñecer os moitos casos en que o proxecto non recollía as entradas ás propiedades e dicir que se ían a facer pero sen cambiar o proxecto, o cal, ademais de ilegal, non daba garantías aos veciños de que fosen cumprir a súa palabra.

Falaba de «recibir un trato inaceptable os técnicos da empresa e da Axencia Galega de Infraestruturas» o cal, é unha valoración subxectiva que non compartimos, porque sempre se respectou aos técnicos aínda que se lles discutise e rexeitase o proxecto. O problema é que algúns se desgustan se non se lles rende pleitesía e se lles trata como a iguais.

Mal asesoramento.

Parece que a conselleira ten a «sensación de que os veciños están a ser mal asesorados», e en Ou  Val temos a sensación de que a mal asesorada é ela por non mostrar o respecto e consideración que merecen os veciños, cos que non se digna a falar.

Como parece que tamén está mal asesorada tecnicamente, recomendámoslle que se lea os artigos 5 e 38 da Orde VIV/561/2010 que di “Os carrís reservados ao tránsito de bicicletas terán o seu propio trazado nos espazos públicos urbanizados, debidamente sinalizado e diferenciado do itinerario peonil”, e tamén que se lea o Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia, especialmente a apartado “Relación co peón. Uso compartido da beirarrúa na cidade” (páxinas 3-20 a 3-22) da súa Fase II (Criterios e recomendacións de deseño e trazado de vías ciclistas) que cita, entre outros argumentos, xurisprudencia por contradicir a Lei de Seguridade Viaria, a cal, en varios artigos establece que «o ciclista ten a condición de condutor de vehículo, e que as beirarrúa e as zonas peonís son destinadas ao tránsito de peóns, “en ambos os casos sen excepción ningunha”».

SEÑORES DA XUNTA, cando teñan a ben, achéguense a falar cos veciños de O Val, esperámoslles e recibirémoslles atentamente.

One thought on “Señora Ethel Vázquez, ¿onde quedou o diálogo?

  1. Ben contestado , nunca tiveron ningun dialogo , rexistramos as peticions e mismo se madou un plano con modificados ó seu proxecto con milloras de acesivilidade as casas e parcelas , nin contestaron , todo ó seu dialogo baseouse en mandar unhes tecnicos sin competencias pa decidir e só pa remachar ” isto xa esta tratado pa execucion e non se modifica nin unha coma ” .pois logo meta isa merda de sendeiro pa cabras por ó seu escelentisimo cu .
    Fin dó asunto .

Deixa unha resposta