San Xiao entrega a Deputación e Concello 630 firmas en apoio ás súas demandas sobre a estrada de Xuvia a Castro.

Os veciños de San Xiao presentaron un total de 630 firmas apoiando as reivindicacións recollidas na moción que presentou Eliximos Narón para o pleno deste mes, na que se solicita:

  1. A firma dun convenio entre o Concello e a Deputación para a actualización e mellora do proxecto da estrada DP-5401 de Xuvia a Castro.
  2. Solicitar á Deputación o inicio do proceso de expropiación das parcelas afectadas pola ampliación e mellora da estrada.

Na comisión de obras do pasado luns 19 presentouse tamén outra moción promovida polo Goberno na que se pide á Deputación axilizar as obras da senda peonil en construción e a retomar o proxecto de ampliación e mellora da estrada DP-5401.

Sen embargo, o tripartito non apoiou a moción presentada por Eliximos, e referendada polas firmas dos veciños, xustificando a súa postura co argumento de que a competencia sobre a estrada é da Deputación e é quen debe afrontar o custo do proxecto e a obra. Aínda que hai que dicir que o proceso de expropiación non supón ningún custo para o Concello, mentres que o convenio solicitado podería supoñerlle só un gasto duns 2.000 euros.

As súas peticións, que non apoia o Tripartito, son precisamente os pasos necesarios para pasar das palabras aos feitos, accións que se poden afrontar paralelamente e que resultan indispensables para poder acometer a obra.

Os veciños xa están moi cansados das palabras bonitas e poses pero moi poucos pasos para que se materialice a obra, mentres levan decenas de anos coa ameaza da estrada sobre as súas vidas.

Desde Eliximos non comprendemos porque o Tripartito non apoia as súas peticións, salvo por intereses políticos que non debesen afectar os veciños.

Deixa unha resposta