¿Quen somos?
"Somos un grupo de veciños que alentados pola urxencia social decidimos actuar dende a política para tratar de cambiar as cousas. Somos conscientes de que o camiño é longo e estamos na primeira fase, aprendendo como funciona o sistema e tratando de corrixir os vicios e abusos mediante a denuncia social e ante os organismos que deben velar pola legalidade."
UN NARÓN QUE PROMOVA A HONESTIDADE DOS GOBERNANTES
E que impida a convivencia mafiosa entre política e diñeiro. Hai que poñer transparencia política e económica, limitar soldos e mandatos, e establecer mecanismos efectivos de control dos responsables públicos.
Eliximos un novo contrato ético entre cidadanía e representantes.
UNHA AUTÉNTICA DEMOCRACIA
Que obrige ós representantes a mandar obedecendo, con controis sociais sobre os orzamentos, con iniciativas e consultas cidadáns vinculantes que axuden a tomar decisión compartidas e lexitimadas.
DECIDIR CÓMO DEBE SER O NARÓN QUE NECESITAMOS E DESEXAMOS
Moitas destas iniciativas son defendidas, dende fai tempo, por movementos sociais, veciñais e sindicais e por diferentes espazos políticos.
Pero só podémolas levar a cabo se nos implicamos e alentamos a participación cidadá de amplos sectores sociais.

NOTA DE AGRADECEMENTO ÓS NOSOS VOTANTES.
Dende Eliximos Narón non podemos deixar de agradecer ós nosos votantes o apoio dado a nosa candidatura. Imos traballar para mellorar Narón facendo unha oposición constructiva, van a ser catro longos anos de traballo nos que esperamos rendibilizar os seus votos e ir gañando a confianza do resto da poboación.
Sabemos que hai moito por facer, que outra forma de facer Narón é posible, e que temos que contruílo entre todos, polo que a nosa será unha porta aberta pola que pretendemos que o Concello chege ós veciños.
¿TES ALGUNHA DÚBIDA OU QUERES COMPARTIR
UNHA IDEA CON NÓS?