Puntualización sobre a resposta de TEGA á Posición da asamblea de afectados pola senda ciclista de O Val

En resposta ao comunicado de TEGA sobre o asunto aclarar:

  1. Dende o principio evitaron informar os veciños afectados.
  2. A suposta acción do Goberno de Narón polo diálogo comezou por ocultar á Xunta a opinión dos veciños, cunha declaración institucional descafeinada e feita á súa medida, rexeitando unha exposición de motivos proposta polos veciños na que figuraban as súas peticións.
  3. As manifestacións concretas do Concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, e do de Urbanismo, Manuel Ramos, a distintos afectados, manifestadas por estes en asemblea, foi que non se lles ía a expropiar os peches das súas propiedades e que se estaba a elaborar un modificado do proxecto.
  4. Segundo informan os veciños, o mesmo concelleiro recoñeceu chamar á Garda Civil.
  5. Os representantes do Goberno pasaron polas casas tomando notas que din transmitiron á Xunta. Ditas notas non foron mostradas nin acordadas cos veciños.
  6. Nos contactos polas casas, algúns veciños pedíronlles unha reunión en asemblea para clarificar as cousas, ao cal se negaron. É difícil enganar á asemblea, moito máis fácil facelo cos veciños a modo individual.
  7. Os veciños esperan da Xunta un diálogo verdadeiro, cunha resposta escrita que non se vaia co vento e que fale da modificación do proxecto da senda, despois de habérselle transmitido por distintos medios e por escrito as súas peticións.
  8. A conclusión da asemblea é que o concepto de diálogo do Goberno non coincide co dos veciños, e que a participación cidadá para TEGA non é unha práctica política.

Deixa unha resposta