A obra da reitoral de Pedroso non está a seguir o proxecto e incumpre a normativa.

Eliximos Narón está á espera dende fai case un mes das certificacións das obras do denominado “Centro de dinamización sociocultural en Pedroso” para coñecer quen autorizou e se responsabiliza da modificación da estrutura da obra e como é posible que o oco do ascensor non teña o foso do proxecto. Esperamos que se teña feito un estudo da súa viabilidade técnica e a comparativa da súa resposta tanto estrutural como no illamento térmico e acústico. Tamén e importante saber cales son as variacións económicas e a súa implicación no custo do contrato.

post-2Tampouco se está a seguir o proxecto no referente as instalacións do edificio sendo o mais importante que a preinstalación da calefacción que se fai con trazados pouco lóxicos e sen o illamento necesario.

Trátase dunha obra na que xa forzamos a parar a súa licitación o pasado ano por incumprir a normativa, principalmente no referente a os illamentos térmicos e acústicos e por unha cuestionable accesibilidade, aínda que non se corrixiron aspectos importantes como que só exista un único aseo para as dúas plantas superiores, supoñemos que unisex (para ambos sexos). Parece que ao alcalde non lle chegaban os cartos para poñer outro (e iso que a obra se licitaba por 361.000 euros e o 80% págao a Deputación).

Deixa unha resposta