Proposta de melloras para a ampliación da estrada de O Trece.

O proxecto da estrada é de hai 20 anos (marzo de 1998), con dúas actualizacións do orzamento: unha primeira en 2005 e outra finalmente en 2014. En consecuencia as referencias ás normativas quedáronse moi obsoletas, aínda que as solucións técnicas en boa parte sigan sendo válidas, e outras non se contemplan como, por exemplo, normativas de accesibilidade e normativa de protección de motociclistas.

E un proxecto moi simple que define a plataforma principal da estrada sen entrar a definir nin as zonas de estreitamentos nin as solucións a aplicar neles, nin sequera para soportar a propia estrada, e da carta branca para que o contratista constrúa e arranxe sobre da marcha (algo que pode dar lugar a calquera resultado, normalmente moi pobre).

Despois de 20 anos de espera deberíase requirir, a maiores que ancheala, darlle solución a unha diversidade de problemas da estrada que quedan sen resolver, e a outras necesidades actuais, porque a alternativa parece ser ter que esperar outros 20 anos.

Esta é a nosa proposta básica que lle facemos aos veciños e que reclamaremos para esta vía ante o Concello e a Deputación:

  • Solución aos problemas de accesibilidade.

Están a crearse uns problemas de accesibilidade ás vivendas ou propiedades, en ocasións dificilmente  salvables (con chanzos imposibles), aos que hai que dar resposta.

  • Dotación dunha senda / aceira sobre a cuneta.

Non se dá solución aos problemas de circulación peonil especialmente nas zonas de núcleo rural.

  • Protección de seguridade en casas próximas á estrada en nivel inferior.

Atopámonos con desniveis que normalmente non requirirían de protección nun tramo de estrada normal, pero en zona de Núcleo rural se o require, non só polos peóns, senón tamén polas casas.

  • Recollida de augas nos tramos máis horizontais próximos á feira, e estudo das descargas das restantes zonas.

Hai casas que se atopan bastante expostas á baixada de augas do outeiro, que antes estaban protexidas por elementos que agora desapareceron coas obras, e non se prevén sistemas de recollida para elas.

As cunetas revestidas con formigón van descargar en puntos concretos que anteriormente non recibían tanta concentración de auga e non se fixo unha previsión respecto diso.

  • Durabilidade do acabado de Triplo Tratamento Superficial.

Sabemos que é inferior ao sistema de aglomerado en quente, actualmente máis empregado, e que non presenta problemas como o de gravas miúdas soltas.

  • Preinstalación de tubos para electricidade / comunicacións.

Existe un acordo do Pleno aprobado en base a unha moción de  Eliximos para tratar de deixar instalados os tubos que logo faciliten ao acceso dos núcleos rurais ás redes de comunicacións de banda ancha.

One thought on “Proposta de melloras para a ampliación da estrada de O Trece.

  1. Moi bóa a tua labor Alfonso Casal , magua non dispoñamos os naroneses de mais tecnicos e concelleiros coma ti . Moito terian que aprender ise fato de monicleques gobernantes e postureados fotoxenicos pa facer a tua labor .
    Grazas en nome da veciñanza .

Deixa unha resposta