Proposta base á Deputación para a mellora da ampliación da estrada do Trece (DP-5404).

En Sedes (Narón) a 16 de xuño de 2018, reunidos nas instalacións do local social da parroquia, os veciños abaixo asinantes acordan fixar os seguintes puntos como base na negociación cos responsables da Deputación para a mellora da estrada do Trece:

  1. O proxecto terá unha canalización de pluviais en todo o seu trazado a ambos da estrada rematada cunha capade formigón para cumprir as veces de senda peonil tratando de acadar en todos os seus puntos un ancho de 1,8 metros e gardando tamén un espazo de beiravía de 0,5 m. sempre que sexa posible. Dada a dificultade de acadar estas amplitudes ao tempo que ter os anchos da calzada previstos, se propoñen as seguintes medidas para cada unha das partes da vía ao longo do seu trazado como punto de partida para o desenrolo máis detallado do proxecto.
  1. As referidas sendas terán un acabado en forma de cano suave con pendentes transversais máximas do 2% e con rexas a tramos equidistantes que recollan as augas ao interior das canalizacións de pluviais. Nas zonas de acceso rodado de vehículos ás propiedades reforzarase ás sendas coa axeitada malla de reforzo de aceiro.
  2. Naquelas beiras da plataforma nas que os noiros (taludes) de desmonte sexan superiores a os recollidos no proxecto como seguros, isto é un desmonte 1H/1V, e nos noiros (taludes) de terraplén (recheo) non suficientemente estables, segundo o recollido no proxecto, isto é terraplén 1,5H/1V procederase á construción de estruturas de formigón armado tal e como se recolle no proxecto.
  3. Se estudiará a axeitada recollida de pluviais en diversos puntos da estrada para o se encanamento aos regatos naturais, especialmente en torno aos puntos quilométricos 3+500, 4+300, 5+000, 5+490 e 6+250.
  4. Garantirase unha accesibilidade básica as vivendas e propiedades de acordo coa Orden VIV-561-2010.
  5. Se dotará de sistemas de contención de vehículos (seguros tamén para motociclistas e peóns) as zonas da estrada con casas próximas á mesma e situadas a un nivel inferior da calzada.
  6. Dotarase de varandas de protección de caídas as zonas de paso de peóns que queden máis elevadas que os 0,4 metros con respecto a das beiras.
  7. Cambiarase o acabado da calzada de un Triplo Tratamento Superficial a un sistema de aglomerado en quente do espesor axeitado para o tráfico da vía.
  8. Dotarase de acceso á rede de sumidoiros a todas as casas situadas a beira da estrada.
  9. Dotarase de unha preinstalación de tubos para electricidade / comunicacións.

Deixa unha resposta