Posición dos afectados de O Val tras a manifestación do día 20 e a reunión no concello de Valdoviño sobre a segunda fase o día 21.

A Asemblea mostrouse satisfeita polo resultado da manifestación e agradeceu a asistencia a todos os veciños de O Val e de O Trece que, a pesar das dificultades, desprazáronse a manifestarse.

Os afectados de O Val na segunda fase do proxecto recibiron unha invitación a última hora da tarde do venres (cunhas 15 horas de antelación) para asistir a unha reunión o sábado ás 11:30 no Concello de Valdoviño que ían dar conxuntamente os alcaldes de Valdoviño e Narón. Finalmente estaba o alcalde e varios concelleiros de Valdoviño e de Narón só o concelleiro de obras Pablo Mauriz.

Fixo unha introdución o alcalde de Valdoviño, negando que a senda fose mixta, a pesar de que o proxecto e toda a documentación técnica e administrativa así o reflicte, argumentando que non é para ciclistas profesionais, e ignorando que os raparigos cando andan xogando ou se desprazan coas bicis alcanzan velocidades que poden causar graves danos sobre os viandantes en caso de choque.

Segundo adiantou o alcalde de Valdoviño, que dispoñía planos dunha modificación do proxecto da segunda fase que se está terminando de elaborar, en lugar de manter a separación entre ambas zonas e estendela onde non a había (incluída a primeira fase) vanse unificar nunha soa sección mixta, contravindo tanto o Plan de Mobilidade Alternativa de Galicia como a normativa de accesibilidade aplicable (Orde  VIV-561-2010), xa que en ambos non recollen/permiten unha vía mixta sen separación entre a zona ciclista e a peonil.

Nas súas explicacións chegou a afirmar que non lle importaba de onde viñese o diñeiro para a construción, en referencia ao financiamento do 80% do custo da senda que provén de fondos FEDER da UE para desenvolver vías de mobilidade alternativa.

En consecuencia, os veciños perden en seguridade porque ás bicis ninguén lles vai a poder prohibir andar pola senda ao ser construída para iso, e todos perdemos en mobilidade alternativa porque non se vai a construír unha parte propiamente ciclista e logo non haberá máis diñeiro para un carril-bici.

Por outra banda, sostivo que se ían a manter as expropiacións iniciais recollidas na Separata do proxecto que se expuxo ao público, polo que xorde a pregunta de porque se vai a expropiar en moitas zonas franxas de 6 ou 7 metros de ancho cando se pretende facer unha beirarrúa para a que é suficiente con 2 ou 2,5 metros de ancho.

No debate falouse de que existía un agravio comparativo entre ambas as fases do proxecto pois fronte a 14 expropiacións de peches na primeira, na segunda non se expropia ningún peche a pesar de estar en condicións similares. Agravio que vén sumarse a outros existentes dentro de cada proxecto como que se recollan entradas rodadas a uns propietarios e aos de á beira non, ou que se expropie unha fronte de leira e o de xusto á beira non se expropie.

A reunión non serviu para aclarar nada senón para enturbar aínda máis as cousas á vista de que a demanda veciñal de separación das vías sufría un revés e anulábase en toda a segunda fase.

Deixa unha resposta