Posición da asemblea de afectados pola senda peonil e ciclista de O Val tras a visita de técnicos da Xunta.

Celebrada este sábado día 25 unha asemblea, para tratar sobre a visita dos técnicos de Xunta polas casas dos afectados, chegouse as seguintes conclusións:

  1. Tanto os veciños como os técnicos da Xunta foron vítimas dunha basta manipulación por parte dos concelleiros do tripartito, aos primeiros dicíndolles que ían modificar o proxecto e incluso que xa non lles ían a expropiar e tirar os peches, pedíndolles que cando pasasen os técnicos da Xunta para volver marcar, que non se preocupasen e que lles deixasen facer o seu traballo; mentres que aos segundos dixéronlles que os veciños xa estaban de acordo co proxecto. Pouco tardou en destaparse as mentiras porque os técnicos xa dixeron que o proxecto non mudara e os veciños que non estaban de acordo con el.
  2. O concelleiro de obras, Pablo Mauriz, presente en boa parte da visita dos técnicos dedicouse a negar as súas anteriores palabras chegando a insinuar que os veciños mentían, e chamando á Garda Civil, sen ningún motivo, cando un grupo de veciños se acercaron a interesarse polo que estaba a acontecer. Actitudes que a asemblea rexeita como indignas dun concelleiro que tiña que estar a dialogar e a mirar polos intereses dos naroneses.
  3. O diálogo co Goberno de Narón descubriuse como algo estéril e inútil.

Como consecuencia, adoptáronse algúns acordos para este próximo mes de setembro:

  1. Establecer un calendario de concentracións e manifestacións (aínda por concretar) que terán lugar este mes de setembro comezando por unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta na praza de España de Ferrol.
  2. Asistir aos próximos plenos para rexeitar as actuacións do Goberno neste tema e pedir as dimisións dalgúns concelleiros polas súas actuacións, ou pola falta dela noutros casos.
  3. Rexeitar calquera diálogo tanto a nivel persoal como colectivo en canto non se presente un proxecto modificado da obra.

One thought on “Posición da asemblea de afectados pola senda peonil e ciclista de O Val tras a visita de técnicos da Xunta.

  1. Asi mismo aconteceu , os veciños rexeitamos ise proxecto por inseguro e pir ser un atropello os dereitos mais basicos de participacion e que atenta contra das nosas propiedades . Non estamos contra de que se faiga un carril bici con unha senda peonil separada pa manter a seguridade de peons e ciclistas . Rexistramos as nósas alternativas entregando por rexistro na Xunta unhas modificacions ó proxecto que son viables e mesmo mais economicas por non afectar peches de fincas nin propiedades das casas . Levamos preto de 3 meses esperando contestacion da Xunta , ou estan xordos e cegos ou son tan cobardes e non saben acmitir os seus erros .
    saudos .

Deixa unha resposta