Pleno surrealistas nas notas de prensa do Concello de Narón.

Pleno surrealistas nas notas de prensa do Concello de Narón.

O primeiro que me veu á cabeza ao ler a nota de prensa do Concello sobre o pleno de Marzo é que eu estiven noutro pleno, porque no que eu estaba non se falou para nada das contas ou a liquidación, ou de ao que irá destinado o remanente.

Un Pleno noutra dimensión paralela á realidade na que nos moviamos (polo menos a oposición) é o que relata a nota de prensa do Concello nos seus tres primeiros parágrafos. Na nosa dimensión dar conta significa que nos deixan facer copia daquela parte da documentación que lles parece oportuno.

A liquidación de 2017 son 294 páxinas de información económica, púxose a disposición o luns pola mañá (sendo o pleno o mércores ás 12 horas), non se explicou nada en ningunha comisión e no pleno limítase a dicir o Secretario “Dáse conta”. Non explican nada, non podemos preguntar nin nos deixan comentala, se pedimos a palabra para opinar algo a alcaldesa néganola, pois di que non é necesario abrir o debate, algo que non ocorre noutros Concellos.

É a primeira vez que o Plan orzamentario non o aproba o Pleno, quitoulle a atribución a alcaldesa en base a un baleiro legal. O “Dar conta” do Plan só foi a entrega duns números sen ningún tipo de explicación sobre como se obtiñan (como esixe a lei).

Xa non nos sorprende a total manipulación das notas de prensa, é permanente. Non dubidan en ocultar mocións cando lles interesa, os textos redáctanse de forma que as abstencións parecen votos en contra ou a favor segundo máis lle interesa ao Tripartito para que a oposición salga peor parada. Os plenos, en xeral, coinciden cos de Ferrol para evitar que os medios de prensa poidan acudir a cubrir ambos os sen duplicar o persoal.

A estas tácticas únense outras habituais antes da democracia e que non imos comentar.

Deixa unha resposta