Pagos aos concelleiros do Goberno de Narón que esconden soldos.

Pagos aos concelleiros do Goberno de Narón que esconden soldos.

Neste pleno de outubro vaise cambiar a forma de pago aos concelleiros con delegación e sen dedicación e o tripartito quéreno vender como unha baixada dos gastos cando o que esconde é unha obriga por aviso do Consello de Contas de Galicia, o cal, no seu Informe de Fiscalización do Concello de Narón sobre do Exercicio 2013, recibido sobre o comezo deste ano, di:

  1. O concello de Narón recoñece indebidamente aos concelleiros, por asumir por delegación da alcaldía unha área determinada, unhas cantidades que son consideradas como indemnizacións, cando o tratamento correcto sería o de retribucións percibidas polo desempeño de cargo con dedicación parcial, o que leva aparellado a alta do concelleiro correspondente na Seguridade Social e, no seu caso, o recoñecemento do réxime de incompatibilidades.

A cuestión é que ademais volven a facer trampa pois quitan a indemnización por delegación e soben a de asistencia á Xunta de Goberno Local (unhas 44 sesións ao ano), que pasa de 45 € por sesión aos 250 €, un aumento do 556 % sen ningún tipo de xustificación, e que esconde novamente soldos de 11.000 euros/ano. Ademais pasan a cobrarán máis por unha Xunta de goberno que por un Pleno, algo tamén difícil de entender dadas as diferencias entre as funcións e responsabilidades.

O tripartito queríanos vender que co novo sistema o concello de dedicacións parciais a catro concelleiros ía a aforrar sobre 6.000 euros, o cal no é certo porque o soldo de 18.232,15 sobe ata uns 25.000 euros coa seguridade social e outros gastos, 100.000 euros/ano para os catro concelleiros, ao que hai que sumar outros 34.000 euros da suba por indemnizacións de asistencia ás Xuntas de Goberno; en total 134.000 euros fronte aos 110.000 que recibían en total antes os concelleiros polas súas delegacións, é dicir, van gastar agora 24.000 euros máis que antes.

Deixa unha resposta