Outro veciño damnificado polas obras da estrada de Ou Trece.

No día de onte coñecemos que unha persoa maior veciño da estrada de O Trece resultou accidentado ao caer na gabia que fai de cuneta da estrada e, aínda que descoñecemos os detalles do accidente, parece ser o veciño non resultou ferido de gravidade, aínda que si puido ser o caso. Hai que lembrar que estamos a falar de cunetas de ata 70 cm de profundidade e sobre dous metros de ancho, e que as consecuencias poden verse agravadas cando presentan circulación de auga.

Dicir que a obra está a incumprir tanto as normas de seguridade como as de accesibilidade por non presentar ningún tipo de medidas de protección nin de accesos seguros nos 3 quilómetros de obra.

A asociación de veciños convocou unha nova asemblea para o vindeiro xoves día 12 ás 20:00 horas para sacar conclusións sobre o encontro mantido con Pablo Couto López , que traballa como asesor da Deputación desde o 2015 e é concelleiro e portavoz do PSOE en Carral. Outros temas a falar son a manifestación convocada para o Venres día 13 de 12:00 a 13:00 horas, que transcorrerá pola estrada de Castela entre as rotondas de Freixeiro e a Ponte das Cabras e, como novidade de última hora, o accidente do veciño e as posibles reclamacións legais ao respecto.

Deixa unha resposta