Os veciños de O Trece e os de O Val unirán forzas para reclamar diálogo ás Administracións.

Os veciños de Sedes celebraron na tarde do martes unha asemblea na que xuntaron 400 firmas para referendar a solicitude ante o Presidente da Deputación para a modificación do proxecto de ampliación da estrada de O Trece, firmas recollidas nun par de días entre os seus achegados.

Dito escrito foi remitido onte á Deputación e unha copia de este foi axuntado á petición de amparo remitida á Valedora do pobo tamén onte. Nos próximos días remitirase escrito ao Consello de accesibilidade da Xunta pola falta de accesibilidade que se está a sufrir pola obra nestes últimos anos, pola situación de inaccesibilidade en que quedarán boa parte das vivendas (se non se pon remedio) e pola falta de itinerarios accesibles pola estrada unha vez rematada.

As fortes choivas deste fin de semana serviron para esclarecer o forte impacto que esta a ter a obra sobre a recollida de pluviais, e se aportaron probas gráficas de torrentes de auga e lodo causados polas obras que anegaron propiedades privadas, aínda que sen grandes danos, y que xa foron causa de reclamacións particulares ante a Deputación esta mesma semana.

A asemblea serviu concretar os actos para a manifestación do próximo día 13 pola estrada de Castela (ida e volta entre as rotondas de Freixeiro e a de Ponte das Cabras) e trasladar a través do concelleiro Alfonso Casal unha petición dos veciños de O Val afectados pola senda peonil e ciclista, acordada na súa asemblea do pasado sábado, de facer manifestacións conxuntamente a partir do día 13 reivindicando o diálogo coas Administracións para a mellora dos proxectos, e a petición ao Concello de que medie na resolución das súas demandas.

Deixa unha resposta