Os veciños de O Trece denuncian a mala execución dos salvacunetas.

O pasado sábado día 2 de febreiro celebrouse unha reunión dos afectados polas obras da estrada de O Trece na que se acordou remitir un escrito ao Presidente da Deputación, con copia á alcaldesa de Narón, para denunciar que as obras dos salvacunetas que se están executando non cumpren coas especificacións do contrato, dado que non se emprega a zahorra artificial compactada como material de recheo (se non que se usa o material sobrante da obra e nin sequera se compacta), e que tampouco se coloca o aceiro de reforzo orzado en 6.750 euros.

Polos devanditos motivos solicítase que dea as ordes oportunas para o cumprimento do contrato e que ordene a rectificación dos pasos salvacunetas mal executados.

A reunión tamén serviu para mostrar o malestar dos veciños pola calidade da obra que xa vai polo terceiro rebacheado e seguen abríndose novas fochancas. Por outra banda, segundo manifestacións verbais de responsables da Deputación, a obra inicial deuse finalizada pero a estrada segue sen o pintado nin a sinalización necesaria, o que supón un maior risco na circulación nocturna, risco incrementado porque non se varreu a grava miúda sobrante acumulada nos laterais da calzada como se prometeu, e que supón un maior risco, non só para os coches ao pisar a beira, senón tamén para os peóns por escorregamentos e para peóns e vivendas pola grava miúda que sae lanzada co paso dos vehículos.

Xa no pasado pleno de xaneiro o concelleiro de Eliximos fixo un rogo á alcaldesa para que tomase cartas no asunto para evitar un problema máis na lista desta obra, aínda que non deu resposta e non coñecemos que se actuase ao respecto.

Deixa unha resposta