O tripartito segue sen dar a atención prometida ás consultas do novo PXOM

A pesar das peticións que fixemos de mellora da atención á veciñanza, seguen a producirse colas e longas esperas na atención ás consultas do PXOM.

O goberno segue a dar un servizo ineficiente tratando de dilatar os tempos para esgotar o prazo de reclamacións ao borrador do novo documento.

Hai que recordar que hoxe venres 18 esgótase un mes dos dous de prazo para presentar as posibles reclamacións e, ao ritmo que leva o proceso, quedarán persoas sen ser atendidas, a pesar da promesa do alcalde de que ía ampliar a atención cando fose necesario.

Outra mostra máis da falta de transparencia e de vontade de servizo á cidadanía do Tripartito que encaixa no seu costume de reducir ao mínimo o traballo, en liña coa súa política de NON Traballo.

Deixa unha resposta