O Trece comeza a mobilizarse para esixir accesibilidade e seguridade na estrada.

Os veciños de Sedes reuníronse en asemblea, hoxe sábado día 30, para tratar as novidades en relación coa ampliación da estrada do Trece.

Analizáronse as respostas da Deputación ás peticións veciñais, dadas na forma de un informe do seu departamento de vías e obras remitido ao Concello, o cal llo facilitou aos veciños; informe de resposta que viña a rexeitar as peticións a excepción das entradas ás propiedades. Acordouse dar resposta ao mesmo a través dun escrito ao Presidente da Deputación desmontando os seus argumentos e reforzando as reclamacións veciñais.

Este informe vai a ser referendado polos veciños na próxima asemblea que se celebrará o próximo martes día 3 de xullo as 20:00 horas.

Ademais, acordáronse as seguintes actuacións:

  • Remitir un escrito ao Consello de accesibilidade da Xunta de Galicia para denunciar a falta de accesibilidade na que quedarán algunhas vivendas e a propia estrada do Trece.
  • Remitir un escrito á Defensora do Pobo para reclamar o respecto dos dereitos dos veciños en relación con la obra.
  • Divulgar o descontento veciñal a través dos medios de comunicación, das redes sociais, e localmente mediante pancartas.
  • Iniciar mobilizacións, para o que se comezará con solicitar a celebración de manifestacións para as mañas dos días 13, 16, 18 e 20 do mes de xullo pola estrada de Castela entre Freixeiro e a Ponte das Cabras.

Dado que é necesario resolver as demandas antes dun avance importante da obra e, debido a que o mes de agosto e inhábil administrativamente, si nun corto prazo de tempo non hai resposta da Deputación, tomarase a decisión de impedir a continuación das obras en toda a estrada.

Deixa unha resposta