O tortuoso camiño da xustiza contra o Concello de Narón.

Eliximos encabeza a reclamación polo abuso das taxas polas acometidas de auga e saneamento no rural, a demanda do Contencioso-Administrativa presentouse o 10 de outubro, pero a información que enviou o Concello ao xulgado a principios de decembro foi incompleta, así que presentamos un requirimento para que se completase. O 25 de xaneiro se nos remitiu máis información pero novamente faltaba a parte das acometidas de auga que negábanse a entregar, polo que nos vimos obrigados a solicitar unha nova ampliación, a solicitude foi transmitida polo xulgado ao Concello pero este fixo un recurso á devandita solicitude. Así que nos vimos obrigados a alegar a dito recurso. Finalmente o 11 de marzo o Letrado de xustiza desestimou o recurso do Concello (sen xa opción a novo recurso) polo que lles obriga a presentar a documentación solicitada.

Estas son as tácticas normalmente seguidas polo Concello para dilatar e dilapidar o camiño da Xustiza, pois xa levamos 3 meses a voltas só para conseguir a documentación necesaria para poder presentar a demanda.

O contencioso contra a cesión do contrato do Centro Sociocultural de Pedroso, unha obra que se fixo sen cumprir o contrato e saltándose varias leis, iniciámolo en outubro de 2017 e a principios de decembro de 2018 pedíronnos que presentásemos as conclusións, pero alegamos tamén por falta de documentación, e levamos máis de 3 meses á espera.

O Contencioso presentado contra os orzamentos de 2017 ante o TSXG foi iniciado o 4 de xullo de 2017 e o pasado 13 deste mes celebrouse unha vista, pronto haberá que presentar as conclusión pero a sentencia aínda tardará uns meses. Con este contencioso tratamos de que as contas se recollan ben para evitar que pasen cousas tan estrañas como que as horas extra da Policía local (servizo de seguridade que non se pode cobrar aos veciños) se acaben cobrando como gastos indirectos das distintas taxas do Concello.

A Acción Pública aberta polo Tribunal de Contas contra o concello polo contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, a instancia de Eliximos presentada en febreiro de 2018, por malversación de fondos públicos, esta nunha fase inicial, xa que en xaneiro de 2019 se nos requiriu novos informes e ampliación da documentación, que foi remitida no mes de febreiro. Con todo, xa tivo unha primeira consecuencia que foi a actualización do canon do contrato, logo de 3 anos sen actualizalo, véndose Urbaser forzada a devolver 148.850,58 €, como se pode comprobar na acta do pleno de maio de 2018.

Outro exemplo o temos no contencioso contra as taxas de subministro de auga, saneamento e lixo que iniciou un dos nosos compañeiros de coalición, e que dende un principio apoiamos, por incumprir moitas cousas, pero basicamente por non ter ben feitos os informes con que se establecen as taxas a pagar (algo que levan facendo mal dende sempre e sen que ninguén dixese nada nin protestase). O proceso iniciámolo en febreiro de 2017 e a demanda presentouse en maio, colleunos tamén a folga de xustiza polo medio e o 12 de marzo de 2019 declarouse visto para sentenza, logo de 2 anos. Esperamos que a sentenza sexa favorable e poidamos comezar a reparar algunha das moitas inxustizas que os veciños sofren a diario.

Deixa unha resposta