O problema de ter cartos sen ter boa xestión.

No pleno extaordinario do pasado día nove, e logo na prensa asistimos a un debate sobre do grado de execución do orzamento do pasado ano, que se situou no 82%. Para o Tripartito esta ben e ao PP parécelle insuficiente. Un dialogo de xordos ao que os veciños, na maioría dos casos, asisten sen ter claro de que se está a falar, aínda que ás veces ese é o fin, que a xente se perda nas cifras e non quite conclusións.

Os orzamentos non teñen como fin gastar os cartos, se non que se deben facer co fin de acadar uns obxectivos, e si os obxectivos non se acadan gastando todos os cartos posiblemente estaremos ante unha mala xestión (aínda que se executo todo o orzamento), acadar o obxectivo con menos cartos podería ser unha boa xestión (sobrando orzamento), aínda que tamén si non se gastan os cartos porque non se fai o traballo a xestión sería mala. Así vemos que os números por si mesmos non din nada, son só un indicador, pero non di si se inverteu ben o orzamento.

Pero o problema é que o tripartito naronés non acompaña os orzamentos co necesario programa operativo onde se recollan os obxectivos e os recursos con que acadalos, así como os indicadores con que recoñecer o grado de cumprimento do obxectivo.

Por exemplo, falan de que queren unir o paseo de Freixeiro con As Aceñas, e para iso hai que comprar ou expropiar terreos, pero a pregunta é ¿a que prezo?. Así encontrámonos que vanse a comprar dúas fincas (con construcións para derruír):

  • Unha en Freixeiro de 229 m² (con 95 m² construídos) por 40.300 euros que sae a 176 €/m² (sairía a 88.000 euros o ferrado),
  • Outra trala escola infantil de Piñeiros (Camiño Cobas Nº 11), porque parece que necesitaban 159 m² desta leira de 2.662 m² no seu lado próximo ao río, e quérese comprar incluíndo unha casa con alpendre de 160 m² por 45.640 euros que sairía a 17,14 €/m². Pero si temos en conta que só se necesitaban 159 m², entón nos sae a 287 €/m² (sairía a 143.522 euros o ferrado)

Con inversións coma estas seguro que para este ano melloran o grado de execución do orzamento, é dicir, van a gastar todos os cartos, sobre todo si pensamos que queren seguir a comprar mais leiras para o parque, porque parece que este é un dos poucos obxectivos que teñen claro, (aínda que non saben ben como van a facelo, pero seguro que pasa polo peto da veciñanza).

Deixa unha resposta