O Padroado de Deportes e a XXX Gala do deporte de Narón.

O venres tivo lugar a Gala do deporte na que se recoñeceu o traballo e esforzo de máis de 120 deportistas ou entidades deportivas ao longo do ano 2018. Unha gala na que, aínda que o argumento principal é que sirva de escaparate para os deportistas e clubs deportivos, ten un fondo político que é o que realmente motiva a súa celebración, aínda que algúns non queiran velo e outros prefiran obvialo.

Nas dúas últimas edicións os políticos coparon a totalidade da entrega de premios, repetindo os membros da comisión de actividade social nas dúas últimas edicións (salvo algún ao que non lle correspondía nin como suplente desa comisión), de forma que, por exemplo, ao concelleiro de  Eliximos deixárono fora ambos os anos.

Con anterioridade, antes de que o Tripartito decidise unilateralmente desactivar o Padroado de deportes, os seus membros tamén tomaban parte na entrega de premios, co cal se visibilizaba a participación dos representantes dos diferentes clubs que formaban parte do mesmo.

O ocorrido co Padroado ten a súa raíz en que a interventora do Concello dixo que non era legal o pago por asistencias a reunións dunha suposta entidade que non estaba legalmente constituída, e que realmente funcionaba como a súa fóra un consello sectorial de deportes. A cancelación dos pagos levou a que algúns dos seus membros perdesen o interese en participar nas súas reunións e que o Tripartito deixase de convocalas. Foi outro golpe máis do Goberno municipal á participación cidadá.

Para rematar unha gala que non luciu como noutros anos, escolleuse como deportista do ano a Alicia Fernández, que non puido recoller o premio e no seu lugar fíxoo un membro da directiva do Balonmán Narón. Un colofón moi deslucido porque non tiveron nin o detalle de poñer unha foto da premiada na pantalla para que os presentes puidesen poñerlle cara, como ocorreu tamén con outros premiados ausentes, de maneira que tamén puidese saír nas fotos de prensa aínda que fose sobre a pantalla. Mentres que a alcaldesa si que non perdeu a oportunidade de saír na foto.

Así, ao ver hoxe as fotos na prensa co titular “Alicia Fernández reina en Narón” todos pregúntanse, ¿onde está Alicia?.

Deixa unha resposta