O malgasto do Tripartito xustificándose na accesibilidade.

Están a acometerse as obras de “Acondicionamento de pasos de peóns” na Solaina e A Gándara, aprobadas co PAS-2015 con cargo á Deputación co único voto en contra de  Eliximos. Con case 2,5 anos de atraso, apúranse a executalas porque despois de outubro a Deputación xa non se faría cargo dos custos.

O proxecto di que a finalidade é: “acometer obras de reforma e mellora da accesibilidade … ao mesmo tempo que se regula a circulación de vehículos (redución de velocidade forzosa) cos pasos sobre-elevados”.

A teoría podería estar ben pero a práctica móstranos obras inútiles, mentres que outras realmente necesarias non se acometen. Así, estase a desfacer un paso adaptado (hai poucos anos) e á retirada un coxín Berlines redutor de velocidade para instalar un paso sobre-elevado coa mesma funcionalidade, como mostran as imaxes tomadas na Avda. da Solaina. Todo un alarde de eficiencia no gasto público: desfacer o feito para montar algo similar.

Por outra banda, en moitos casos estase a incumprir a normativa nacional de resaltes para travesías (subsidiaria porque non existe outra aprobada para rúas) elaborada para garantir un mínimo de seguridade para vehículos e pasaxeiros (cuxo incumprimento xa causou mortes e moitos danos materiais en Ferrol)

Ademais, a Comisión Europea considera que os resaltos poden afectar negativamente os pasaxeiros con problemas de saúde e especialmente os trasladados en ambulancia, motivo polo que se están a eliminar de estradas de País Vasco e polo cal existe unha iniciativa “ PONLE FREO” para a súa non proliferación.

Desde Eliximos lembrámoslle á alcaldesa que esta non é a forma adecuada de investir o diñeiro público nin de mellorar a accesibilidade.

Deixa unha resposta