O concello ingresará uns 315.000 € máis polo IBI a pesar da baixada do coeficiente.

O concello ingresará uns 315.000 € máis polo IBI a pesar da baixada do coeficiente.

Ao Concello lle sobraron 6,58 millóns no 2016 (xa lle sobraran 4,43 millóns de € no 2015), case o 23% dos orzamentos, o cal vemos non só como unha mala planificación senón tamén como mala xestión por non ser capaces de investir nas necesarias melloras que precisa o concello.

A falta de iniciativas ou ideas para investimentos e co marxe económico acadado, agora deciden mellorar a súa imaxe anunciando unha baixada do coeficiente do IBI para 2018 ao 0,62%, pero só aplicable aos inmobles de natureza urbana, que suporán 374.000 € menos para o concello, baixada que xa lle pedimos o pasado ano e que non aceptaron.

Sen embargo, ás propiedades rurais (montes e terras) non só non llelas baixaron senón que van a subir un pouco debido a un proceso de regularización aprobado no 2008 e que remata no próximo ano, e que en conxunto (rural e urbano) suporán 47.000 € máis para o concello.

Tamén haberá sorpresas para o próximo ano debido á regularización catastral feita o pasado ano coa autorización do tripartito, o chamado “catastrazo de Montoro” que actualiza o IBI das casas con rehabilitacións e ponlle IBI aos galpóns, que suporá uns 623.000 euros máis para as arcas municipais.

Por outro lado, os novos inmobles construídos no concellos se estima que achegarán uns 15.000 € máis en forma de IBI.

En resumen, que os novos ingreso por IBI esperados no concello son de 689.000 €, polo que o concello ingresará (logo de quitar a baixada do coeficiente) 315.000 € máis co IBI no 2018.

Estando así as cousas non alcanzamos a comprender porque non queren baixar o coeficiente do IBI rural polo menos igual que o urbano, como lles pedimos, xa que suporía só uns 14.000 € de baixada. Logo lles oímos queixarse de que o rural baleirase e que coma ninguén coida os montes temos problemas cos lumes.

Sen inversións e sen baixada real dos ingresos por impostos preguntámonos ¿cantos cartos lles van a sobrar para o próximo ano?.

Deixa unha resposta