¿Negocio, inversión sostible ou 78.000 euros mal invertidos?.

É certo que nisto das obras públicas nunca deixan de sorprendernos e, por suposto, Narón non se queda atrás.

Entre as sorpresas do verán encontrámonos que, no último modificado de crédito figura entre as obras o arranxo dun aparcamento provisional en A Solaina sobre uns solares que non son do concello e que están cedidos temporalmente a cambio do pago do IBI.

Para ser unha obra provisional sorprende que se vaia a amañar cun orzamento de case 78.000 euros, que responde a uns recheos de 62 cm. de espesor (40 de recheo granular, 10 de zahorra e 12 de Madadam) acabados logo cunha capa de tripla rego asfáltico. Aclarar que o terreo non é pantanoso nin sospeitosamente inestable. Para darse unha idea do nivel de acabado, dicir que é similar ao que está a votar na ampliación da estrada de O Trece para soportar tráfico pesado.

Si temos en conta que hai prazas de garaxe á venda en baixos de Narón por 6.000 euros e ao concello lle sae cada unha das 73 prazas provisionais que se proxecta habilitar a 1.066 euros a praza, pódese asegurar que aínda que fosen definitivas, sendo ao aire libre sen cubrición nin seguridade, sáenlle moi caras ao contribuínte naronés.

Pódese establecer unha comparativa co aparcadoiro provisional de Xuvia, para cuxas 59 prazas fíxose unha obra orzada en 42.002 euros (con 30 cm. de espesor, sendo 18 de zahorra, 12 de Madadam e acabado con capa de tripla rega asfáltico) supoñendo un custo de 712 €/praza.

Sorprende logo que o único prazo de uso garantido é durante todo o ano 2018, logo os acordos poden ser prorrogados de ano en ano, pero tamén pode ser rescindido cun aviso anticipado de 15 días. Ademais, logo do 1 de xaneiro de 2019, os donos (son varios) pode poñerlles uns carteis de venda ou aluguer e, si se produce calquera dos casos, o Concello tería que deixar o soar ao novo propietario nun prazo de 15 días.

Unha nova sorpresa é que está prevista unha duración da obra de 4 meses, ao que habería que sumar un mínimo de 2 meses para licitala, é dicir, que a obra non estará rematada antes de marzo de 2019, podendo os propietarios rescindir o contrato incluso antes de acabala.

Para acabar de rematala, non se lles ocorreu outra cousa que meter a obra nun crédito extraordinario para o cal tiveron o descaro de cualificar a obra como “sostible” (o cal, segundo a definición da lei de facendas públicas, implica, entre outras cousas, que se certifique que é unha inversión con máis de 5 anos de vida útil). Saberse pero, dado o acordo, garantías non hai ningunha.

Só falta que unha vez rematada a obra os propietarios lles vendan a algún parente o solar e o Concello se vexa na “obriga” de alugarlles o aparcamento (a un prezo menos razoable) para non tirar con toda a inversión feita.

De calquera maneira, vai ser outro mal negocio para o contribuínte naronés, e aínda non sabemos quenes van a ser os agraciados desta operación.

Deixa unha resposta