Ironías da nota de prensa sobre a desistencia das obras de O Val.

Resulta irónico que se fale de “falta de entendemento” cando non se produciu nin o máis mínimo contacto entre os responsables da AXI ou a Xunta e os veciños. Resulta evidente que non pode haber diálogo se só fala un, nin comunicación se o outro non escoita.

As demandas dos veciños remitíronse á Dirección Xeneral de Mobilidade e á Axencia Galega de Infraestruturas por rexistro o 21 de xuño sen que houbese resposta ningunha.

Os veciños non se negan á obra, que trae aspectos positivos, pero non poden estar de acordo cun proxecto que dana fortemente as súas propiedades, ten un trato discriminatorio dunha propietarios fronte a outros, crea inseguridade diante das súas casas, e incumpre a lexislación e instrucións en diversos sentidos (Orde VIV/561/2010, Orde FOM/273/2016, Real Decreto Lexislativo 6/2015, Orde Circular 4/2017 e Plan de Mobilidade Alternativa de Galicia)

Mandar a uns técnicos para visitar unas cantas casas para remarcar o mesmo proxecto, ao cal teñen o deber legal de cinguirse, mentres os responsables políticos seguen escondidos no seu despacho, non pode cambiar nada porque nada cambiou.

Non se trata de temas menores, senón de cambios no deseño e no custo, que legalmente non é posible levar a cabo sen modificar o proxecto, polo que as supostas adaptacións propostas ou son menores ou non son legais.

Hai que lembrarlles aos políticos do Concello e da Xunta que cando se despreza e chama mentireiro a un portavoz, no seu papel de transmisor das voces da asemblea de afectados, en realidade están a desprezar e chamando mentireiros aos seus veciños, por encima de querer usurparlles os seus dereitos e propiedades. Seguro que pensan que esa é a forma de fomentar o diálogo.

Teñen a desvergoña de dicir “habiendo recibido un trato inapropiado los técnicos de la empresa y de la Axencia Galega de Infraestructuras (AXI)” porque os veciños cando veñen usurparlles as súas propiedades expresan a súa indignación aos técnicos, que os responsables políticos mandan a facer o traballo sucio mentres eles seguen comodamente nos seus despachos sen dar a cara.

Que cara pensan que lle queda a un veciño cando ve que lle tiran o seu peche e quitan o seu xardín por 80 cm. para poñerlle cara ao centro da estrada unha franxa verde de 50 cm. (ver foto) que vai estar descoidada ou, no mellor dos casos vai ter que pagar impostos para que a coiden, e todo isto nunha contorna rural que espazos verdes precisamente non faltan.

Din que a senda “está deseñada cos mesmos criterios que o resto de sendas que a Xunta está a executar nas estradas autonómicas de Galicia”, o que nos leva a pensar que haberá que poñelo en coñecemento dos organismos da UE, porque parece que non só están a enganar ao seu pobo senón tamén á UE que pon o 80% dos fondos para construír carrís-bici, incumprindo a lexislación, como unha alternativa de mobilidade sustentable, cando en realidade limítanse á construción dunhas beirarrúas de cor, co ancho xusto para que circulen os peóns.

SEÑORES DA XUNTA, O MÍNIMO QUE DEBEN FACER É RESPECTAR AO SEU POBO E DIGNARSE A FALAR CON EL.

Convidámoslles vir a unha asemblea a O Val, como xa se lles pediu a través dos técnicos que asistiron á asemblea do 14 de xuño, poñan data e hora e recibirémoslles atentamente.

Deixa unha resposta