Información sobre a sobrefacturación no recibo de recollida do lixo de 2015

Información sobre a sobrefacturación no recibo de recollida do lixo de 2015.

Con data 13/03/2017 o concelleiro de Eliximos solicita información ao alcalde a cerca dunha sobrefacturación na taxa de residuos sólidos urbanos durante todo o ano 2015.

Ante a falta de resposta da alcaldía, o día 20/03/2017 rexistrase unha moción solicitando a devolución dos importes sobrefacturados, e que foi rexeitada polos votos do tripartito no pleno do 30 de marzo.

O mesmo día 20/03/2017 o alcalde dita unha resolución abrindo un expediente para estudiar o tema.

Con data 27/03/2017 o alcalde solicita ao Servizo de Asistencia Técnica a Municipios da Deputación da Coruña a “emisión dun ditame sobre o mellor procedemento a seguir para subsanar o erro administrativo cometido” (ver/descargar Anexo). Dende esa data preguntamos repetidamente sobre a resposta da Deputación e sobre as accións a tomar polo Concello coa única resposta de que non recibiron contestación da Deputación e que están á espera da mesma.

Logo de un ano de inacción do Goberno Municipal e a vista de que o próximo ano comezaría a prescribir a posibilidade de reclamar as devolucións, estamos a informar sobre do tema e poñendo a disposición dos veciños que o desexen un formulario (ver/descargar Formulario) de solicitude das cantidades sobre facturadas cos seus intereses correspondentes, as cales estimamos segundo o tipo de taxa nas cantidades que se recollen na seguinte táboa (ver/descargar Táboa) (para hoteis, hostais e xeriátricos multiplicar a cantidade por o nº de habitacións e as grandes areas por o nº de toneladas tratadas).

Deixa unha resposta