ENE reitera a petición de posta en marcha de unha Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar.

Este é o terceiro ano no que propoñemos a posta en marcha de unha unidade de desenvolvemento infantil e apoio familiar porque o Tripartito comprometeuse a mellorar esta atención nenos e familias a través da mancomunidade pero non se chegou a facer nada ao respecto xa que a Mancomunidade nin sequera se deu de alta como entidade titular ou xestora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, e dous anos despois segue sen estar rexistrada.

Argumentan que o servizo debe prestarse dende a unidade que traballa no Novoa Santos que ofrece un servizo insuficiente para cubrir toda a demanda da comarca e incompleto porque se centraba na parte sanitaria do servizo. Pero segundo os estudios da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e da Xunta, Narón ten poboación suficiente como para dispoñer de unha unidade para ela soa, ao tempo que aliviaría o traballo da Unidade do Novoa Santos.

Xa van alá as axudas e dous anos perdidos e camiño do terceiro porque o Tripartito segue sen querer dar un servizo fundamental para moitos nenos. Non queren comprometerse nin gastar os cartos e pola outra banda non dubidan en presumir de que lles sobran cartos (6,5 millóns en 2017) nin en subvencionar con 72.000 € a una soa entidade deportiva. Con eses cartos e a subvención da axuda da Xunta podíase estar a atender a moitos pequenos e familias que teñen unha necesidade real e importante para desenrolar a súa vida.

Xa sabemos que é unha cuestión de prioridades e a do Tripartito non é a de axudar a estas familias, aínda que lles gusta presumir de mirar pola xente.

(Enlace ao libro: UDIAF. Servicios comunitarios de Atención Temprana. Aspectos Clave. Progresos y desarrollo)

Deixa unha resposta