Eliximos votou en contra do modificado de crédito de 3,4 millóns de euros

O primeiro que chama a atención é que ao concello que sobrasen máis de 6,5 millóns o pasado ano. Evidentemente é unha cuestión de mala xestión, xa que non falta en que inverter. Seguro que todos os veciños saben de moitas cousas que se podían haber feito con eses cartos.

Logo encontrámonos sorprendidos de que uns 4 meses despois de facer os orzamentos esteamos a cambialos. Si ben é certo que a maior parte dos cartos (3,1 millóns) veñen do sobrante do pasado ano, tamén nos encontramos coa modificación de 14 contas de persoal, xuntando 206.500 €. Ademais quitaron 166.762,85 € á conta de “MAIORES E DEPENDENTES – ATENCION A DEPENDENCIA”. Seguramente que nesa conta podían ser moi útiles para mellorar ou ampliar a atención a estas persoas necesitadas de axuda en lugar de empregala noutros gastos menos importantes.

Outra das moitas sorpresas foi ver que, en contra das normas, aprobaron gastos sen saber concretamente en que se van a empregar. Así nos falaron de 120.000 € para un baixo pero non sabemos a superficie e localización, nin outros datos que nos fagan saber si a inversión vai ser boa ou van tirar os cartos. Todos sabemos que non é o mesmo gastar eses cartos en un baixo de 50 m² que nun de 150 m², e que non costa igual na estrada de Castela que mirando á vía do FEVE.

Pasou case o mesmo cos 100.000 euros cos que din que van comprar unha leira para completar o paseo marítimo, non sabemos onde nin de que superficie. Temos tamén outros exemplos semellantes que van dende os 3.000 € hasta 200.000 €.

Por outro lado, lle están a pagar os gastos ao Padroado de Cultura, algo non permitido, por exemplo 90.000 euros nun piano, así as contas ao Padroado lle seguen saíndo ven.

Por desgraza, xa ninguén se asusta si falamos de orzamentos desproporcionados e reformas con moi pouco sentido e sen cumprir as normativas.

Por suposto non podía faltar unha subida do 12% para festas, xa subiran a conta para este ano en 5.000 € pero agora van 32.000 € mais, será que con festas pensan arranxan as cousas.

Deixa unha resposta