Eliximos pregunta polos incumprimentos do contrato do CDS de Pedroso.

Eliximos pregunta polos incumprimentos do contrato do CDS de Pedroso.

Despois de permitir ao contratista todo tipo de irregularidades e incumprimentos do contrato, como a modificación do proxecto ou o incumprimento de todas as melloras á obra comprometidas (que lle permitiu levar o contrato), a alcaldía deu autorización para que lle cedese o traballo a outra empresa cando xa se esgotaran todos os prazos e xa non tiña dereito algún sobre a obra.

No lugar de exercer a labor sancionadora sobre da construtora e convocar novo concurso para o remate da obra, como se recolle na lei de contratos, deixou que se desprendese do “morto” e que llelo pasásese a outra empresa que, para colmo, non cumpría os requisitos contractuais necesarios.

Non contentos con isto, danlle á nova empresa unha prorroga de un contrato xa rescindido para rematar unhas obras que, como se recolle no informe do arquitecto que lle fixemos chegar ao concello, non teñen garantías de seguridade necesarias para a súa misión de local público pola falta do adecuado apoio dos forxados.

A pregunta agora é si a nova alcaldesa seguirá a mirar para outro lado como o seu predecesor ou tratará de emendar os seus desfeitos.

Deixa unha resposta