Eliximos pide que se reforme a praza do colexio de Xuvia para cumprir coa lexislación.

Eliximos pide que se reforme a praza do colexio de Xuvia para cumprir coa lexislación.

Eliximos Narón rexistrou unha solicitude á alcaldesa para que faga cumprir o contrato da obra da praza no posible e que se sancione á construtora e ao director de obra polos incumprimentos que xa no é posible corrixir. Ditos incumprimentos son:

  • Paso de peóns: no lugar de formigón fíxose con asfalto e mal rematado polo que xa se esta a desfacer polas beiras.
  • Pavimento: non se armou con fibras de polietileno, nin se fixo o moldeado da superficie e nin se mantivo a coloración en parte da praza.
  • Sinalización vertical: contemplábanse tres sinales no proxecto e só se instalou unha.
  • Papeleiras: non accesibles, tampouco teñen posibilidade de separación por tipos de residuos.
  • Bancos: non cumpren coas medidas dun banco accesible e o soporte do respaldo non ten a rixidez adecuada

Por outra parte, como Eliximos ven denunciando dende decembro de 2015 o proxecto xa non cumpriu con outros aspectos legais e, por tanto, faise necesaria a reforma da obra para adaptala á lexislación, isto é:

  • Respectar o trazado da rúa Foro como recolle o Plan Xeneral de Ordenación Urbana.
  • Reformar a fonte pública para facela accesible.
  • Acondicionar un paso accesible dende a beirarrúa da estrada de Castela no lado Oeste da marquesiña.
  • Eliminar os chanzos no lado Oeste hai da praza, que chega a case medio metro na parte alta.
  • Prepara o pavimento coas zonas táctiles e de diferente cor para marcar os itinerarios accesibles e delimitar zonas de perigo, obstáculos, e áreas de bancos.
  • Reformar a iluminación que é deficiente na parte baixa da praza e en zonas dos laterais, e que se verá agravado co follaxe das árbores.

Dende Eliximos vótanse en falta tamén outras actuacións como poden ser:

  • A recollida das augas do tellado da escola que verten pola praza adiante.
  • A recollida das augas ao final dos xardíns que arrastran a terra pola praza abaixo deixando sucidade e areas que incrementan o risco de escorregamento.
  • Un paso de cebra elevado á altura da entrada ao local social ou próximo a esquina da rúa.

Deixa unha resposta