Eliximos pide ao Concello que solicite ao xuíz seu nomeamento como segundo administrador concursal de Poligal.

Eliximos rexistrou unha moción na que solicita a participación directa do Concello no Concurso de acredores de Poligal como segundo administrador concursal, aproveitando un artigo 27 da Lei Concursal que di:

“… naqueles concursos en que exista unha causa de interese público que así o xustifique, o xuíz do concurso, de oficio ou a instancia dun acredor de carácter público poderá nomear como segundo administrador concursal a unha Administración Pública acredora … Neste suposto, a representación da administración deberá recaer sobre algún empregado público con titulación universitaria, de graduado ou licenciado, que desempeñe as súas funcións no ámbito xurídico ou económico, e o seu réxime de responsabilidade será o específico da lexislación administrativa.”

Xa temos malas experiencias de empresas do concello que entraron en concurso de acredores e unha mala xestión do administrador concursal levounas unha situación aínda moito peor.

A situación de Poligal xa é de partida mala si o xuíz admite a trámite a solicitude da empresa de resolver o concurso mediante a liquidación da empresa, sen nin sequera intentar á resolución mediante un convenio cos acredores.

O feito de que o concurso se declare en Barcelona é una dificultade engadida para que os traballadores poidan vixiar de cerca o que acontece co mesmo e, por iso, dende Eliximos pedimos que o Concello solicite a súa participación como segundo administrador concursal para darlle as maiores garantías posibles ao proceso.

Deixa unha resposta