Eliximos pide a promoción de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

Eliximos pide a promoción de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

O Programa de fomento de vivendas do Goberno do Estado contempla axudas para a promoción de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade. Serán edificios e conxuntos residenciais que conten con instalacións e servizos comúns adecuados para elas, tales como: asistencia social, atención médica básica, limpeza e mantemento, dispositivos e sistemas de seguridade, restauración, actividades sociais, deportivas, de lecer e culturais, así como terapias preventivas e de rehabilitación, que contribúan a mellorar a súa calidade de vida.

As vivendas que obteñan financiamento con cargo a este programa só poderán ser ocupadas en réxime de aluguer ou de cesión en uso, con renda ou prezo limitado, por persoas maiores ou con discapacidade e recursos económicos limitados.

En Narón, dos 39.280 habitantes, 7.836 son maiores de 65 anos (un 19,95%), mentres que se estiman que as persoas con discapacidade achéganse as 2.500 (un 6,44 %) e, en conxunto, aproximaranse ás 10.000 persoas (un 25% da poboación), cantidade moi importante que xustifica necesidade de implicación do Concello no fomento de vivendas para este sector da poboación, especialmente para as persoas máis necesitadas e con menos recursos.

Por estes motivos, Eliximos pídelle ao Tripartito comezar un estudo para implantación deste tipo de edificios ou conxuntos residenciais aproveitando o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Deixa unha resposta