Eliximos pide a paralización da reforma-ampliación das oficinas de Servicios Externos do Concello.

Eliximos pide a paralización da reforma-ampliación das oficinas de Servicios Externos do Concello.

O pasado ano xa lle faciamos saber á alcaldesa que a obra carecía de proxecto válido e a pesar diso contratouse en base a unha “Memoria valorada” elaborada por técnico non competente e incumprindo:

  • Lei de contratos do sector público.
  • Lei de Ordenación da edificación.
  • Código Técnico da Edificación.
  • Lei de accesibilidade.

A reforma modifica a estrutura do edificio e parte do seu envolvente polo que se require de proxecto elaborado e dirixido por un arquitecto, así como a elaboración de estudo de eficiencia enerxética para comprobar que alcanza os requisitos mínimos.

Por outra banda, en contradición coas súas notas de prensa anunciando que vai facer un Narón accesible, a reforma non leva os requisitos mínimos de accesibilidade.

Parece que a alcaldesa pensa que na “súa casa” (que é a casa de todos os naroneses) pode facer o que queira, mentres que aos seus veciños non lles permite saltarse os requisitos legais.

Deixa unha resposta