Eliximos pide a paralización da ampliación do Centro de formación Irmás Froilaz e a reforma do proxecto para axustarse á normativa.

Novamente vémonos na obrigación de pedir a paralización dunha obra para que o proxecto adáptese e cumpra a normativa.

Neste caso trátase de que se cumpra o código técnico da edificación, principalmente no referente ao aforro de enerxía e a eficiencia enerxética.

Debemos lembrarlle ao Tripartito que ademais de anunciar reformas para a mellora da eficiencia enerxética debe de preocuparse de que as novas construcións cumpran polo menos co mínimo esixido actualmente pola lexislación, a fin de evitar reformas posteriores e gastos innecesarios en calefacción e refrixeración.

Segundo a Directiva europea 2010/31/UE, relativa á eficiencia enerxética dos edificios, a Administración debe asegurarse que despois do 31 de decembro de 2018 os edificios novos que sexan propiedade de autoridades públicas e estean ocupados sexan edificios de consumo de enerxía case nulo, polo que o proxecto xa debería de reformarse para cumprir con este mandato. Mandato que como outros non se vai a cumprir a tempo e probablemente nin a medio prazo pois non está no interese do Tripartito.

Ao mesmo tempo entregamos unha proposta de distribución da oficina incorporada no proxecto para a mellora da súa distribución que fronte ao proxecto aprobado ofrece vantaxes na accesibilidade, tanto á oficina como aos seus ocos e pasando os dous aseos a ser accesibles, e a funcionalidade da oficina.

Deixa unha resposta