Eliximos pide a NON proliferación dos resaltes nas rúas.

Eliximos pide a NON proliferación dos resaltes nas rúas.

Dende hai uns anos veñen proliferando todo tipo de resaltes nas rúas como unha forma cómoda e barata de tratar de frear a velocidade dalgúns automóbiles. O que acontece con estes resaltes é que, como noutras moitas solucións fáciles, pagan “xustos por pecadores”, pois todos os condutores e pasaxeiros e a veciñanza que vive nas proximidades sobren as consecuencias por culpa duns poucos.

Os inconvenientes van dende molestias aos pasaxeiros, avarías nas mercancías e nos vehículos, roturas de cristais e gretas nas vivendas próximas polo paso de camións, ata a morte de motociclistas. Algúns dos resaltes foron ocorrencias temerarias dos concellos que non respectan a normativa nacional ao respecto, aínda que esta norma tampouco chegou a valorar todos os inconvenientes destes elementos.

Agora a raíz dun informe presentado para debate, o Parlamento Europeo considera que os resaltes poden afectar negativamente sobre a saúde dos viaxeiros e gobernos como o Vasco ou a Deputación de Áraba están a limitar a súa instalación e incluso eliminar algúns deles.

A iniciativa “PONLE FRENO” está a apoiar a Mateo na súa campaña contra a proliferación de resaltes nas rúas. No vídeo que se pode ver na dirección web:

http://compromiso.atresmedia.com/ponlefreno/noticias/como-afectan-los-resaltos-en-el-trasnporte-sanitario-de-emergencias_20170719596f89cd0cf20d3cbe8fe2d9.html#

explícase como está a afectar este tipo de obstáculos especialmente nos pacientes das ambulancias, nos transplantados de órganos, nos infartados ou doentes graves do corazón, nas persoas trasladas con politraumatismos nas que poden provocar rachos internos, en certo tipo de persoas minusválidas, con imaxes tan gráficas como as alteracións das sinais dos monitores de vixilancia dos enfermos aínda pasando a 10 Km/h por riba deles. Ademais, recolle testemuños de camioneiros que se ven afectados de na súa actividade comercial do transporte por estrada, pois atentan contra os elementos esenciais de seguridade de calquera vehículo en xeneral (suspensións, dirección, freos, pneumáticos, etc.).

Dende Eliximos estamos a facer eco desta campaña e solicitamos ao Concello de Narón que non se incrementen no concello e que se actúe sobre aqueles non están a cumprir as recomendacións de Fomento e se eliminen aqueles outros que sexan máis prexudiciais para a poboación, especialmente nas zonas de paso frecuente de doentes cara aos hospitais e centros de saude.

Deixa unha resposta