Eliximos pide a mellora das xestións municipais para facilitar o emprendemento.

Eliximos pide a mellora das xestións municipais para facilitar o emprendemento.

O Decreto 144/2016, do 22 de setembro, daba un prazo de 9 meses para a elaboración dunha Ordenanza de regulación integrada do exercicio de actividades económicas e apertura de establecementos públicos.

Este decreto desenrolaba a lei do empredemento e da competitividade económica de Galicia co fin de axilizar o empredemento e a economía debido a lentitude da administración pública e, moitas veces, debido á falta de persoal cualificado para levar a diante as inspeccións e controis, para o cal tamén creaba as denominadas Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM)

Existe unha clara necesidade de mellorar e axilizar os controis e inspeccións do Concello, polo que cremos necesarios plans de inspeccións en colaboración coas ECCOM, dada a limitada capacidade do persoal do Concello para afrontar todas as tarefas.

Reiterámoslle ao Tripartito a nosa petición do pasado ano para que se elabore a citada ordenanza, así como a instalación na súa sede electrónica do Portal electrónico de comunicacións previas e licenzas municipais, recordándolles que é unha obriga que deben cumprir e unha medida con que facilitar o emprendemento de actividades económicas como camiño para superala crise.

Deixa unha resposta