Eliximos Narón rexistrou a súa candidatura ás eleccións municipais.

Eliximos rexistrou hoxe sábado unha candidatura formada por algunhas das persoas que xa participaron na candidatura das pasadas eleccións de 2015 e á que se suman agora novos veciños que compartiron ou se identificaron co traballo realizado por Eliximos nos catro anos desta lexislatura.

Un equipo renovado e con ilusión, consciente do difícil traballo que supoñerá a lexislatura, tanto estando na oposición traballando con limitados recursos como, chegado o caso, no Goberno dada a difícil tarefa que supoñería renovar a Administración municipal para poñela á altura do momento e realizar as necesarias transicións ecolóxica e dixital para adaptala ás novas necesidades da sociedade.

A lista está encabezada por Alfonso Casal Pita, actual concelleiro de Eliximos, enxeñeiro técnico Naval e diplomado en Informática; en 2ª posición Cristina López López (O Val), graduada en Enfermería, e técnica en Nutrición e Dietética; no posto 3º Sabela Casal Sánchez (O Val), diplomada en Logopedia e graduada en Maxisterio; 4ª Mª do Carme Piñeiro Casal (O Alto), técnica en Química Medio-Ambiental; e 5º Carlos Calvo Meizoso (O Val), Enxeñeiro naval.

No seguinte tramo, en 6º lugar Andrés Manuel (Nesi) Regueira González (O Alto), extraballador de construcións metálicas; 7ª Mª do Pilar Crespo López (Piñeiros), diplomada en Maxisterio; 8º Emilio Machio Rueda (Xuvía) Axente MedioAmbiental; 9ª Mª do Carme (Maica) Abelleira López (O Val), técnica en Peluquería; 10º Pablo Díaz- Caneja Castelo (Pedroso) profesional de Seguridade.

Completan a lista Elsa Miras Pérez (A Gándara), Feliciano López Orjales (O Val), Mª Xosefa Ramos Pereira (Pedroso), Xesús Manuel Piñeiro Casal (Freixeiro), Ana María Rodríguez Comba (Freixeiro), Antonio (Tomás) Dopico Carro (O Val), Mercedes Deibe Espiñeira (A Gándara), Manuel Martinez Filgueira (Pedroso), María Carme Villar Díaz (A Gándara), Manuel López González (A Gándara), e Vítor Manuel López Oanes (A Gándara).

Deixa unha resposta