Eliximos Narón presentarase con nova coalición ás próximas eleccións.

As coalicións electorais teñen por lei como vida máxima os catro anos da lexislatura, o que obriga a renovalas, como lle ocorre a  Eliximos Narón Electores.

A coalición foi constituída en 2015 polos partidos Los Verdes e Democracia Participativa, pero este último está en proceso de desaparición, o que obrigou a buscar outro partido atopando apoio nos partidos que forma parte da coalición que se presenta ás Cortes Xerais como: Recortes Cero – Grupo Verde, e ás Eleccións Europeas como: Recortes Cero – Los Verdes – Grupo Verde Europeo.

A nova coalición denominarase Eliximos Narón (Recortes Cero – Grupo Verde) con siglas ENE ( RC –  GV) e anagrama renovado ao que se lle engaden referencias á coalición, aínda que manterá a súa autonomía funcional actuando dentro do respecto aos eixos programáticos da coalición, especialmente ao Decálogo Verde por ser os máis directamente aplicable ao ámbito local:

  • Os cinco eixos de Recortes Cero:
    • Redistribución da Riqueza,
    • Ampliación da Democracia,
    • Defensa da Soberanía Nacional,
    • Fronte Ampla de Unidade,
    • Fortalecemento da libre unidade do pobo das nacionalidades e rexións de España.
  • O Decálogo Verde de Los Verdes – Grupo Verde e do Grupo Verde Europeo

1º.-   Un novo modelo enerxético baseado no uso de enerxías limpas e renovables e no autoconsumo.

2º.-   Fomento da economía verde en todos os campos: agricultura, enerxía, novas tecnoloxías, transporte, reciclaxe, depuración en orixe, xestión forestal sustentable… Nova lexislación máis restritiva sobre caza e pesca sustentable e os malos tratos animais.

3º.-   Impulsar a agricultura e gandería ecolóxica. Fomento dos hortos urbanos. Prohibir os transxénicos. Regulación máis restritiva dos aditivos alimentarios.

4º.-   Unha nova cultura da auga, baseada no aforro e a eficiencia. A auga debe ser un ben común non privatizable.

5º.    Política de residuos mínimos e prohibición da incineración de lixos.

6º.-   Prohibición da obsolescencia programada.

7º.-   Lei de sustentabilidade rural e servizos comarcais.

8º.-   Cambio global na política de mobilidade, baseada no fomento da proximidade.

9º.-   Maior compromiso na loita contra o cambio climático. Redución da contaminación electromagnética.

10º.- Unha fiscalidade ecolóxica e permitir a circulación de moedas soberanas, sociais ou complementarias.

Deixa unha resposta