Eliximos critica as malas obras nas Minipistas deportivas de A Gándara e O Alto.

Eliximos critica as malas obras nas Minipistas deportivas de A Gándara e O Alto.

Segundo o proxecto, as Minipistas teñen unha plataforma plana de formigón de 22 x 12 metros que alberga unha pista de 20 x 10 metros pechada en aceiro e madeira. Con todo, o tamaño da plataforma na de A Gándara non cumpre coas dimensións do contrato e, no lugar de facer unha plataforma rectangular, fixéronlle uns saíntes un metro que carecen de sinalización e protección, constituíndo un verdadeiro risco de tropezos e caídas para os viandantes. Ademais, a iluminación nun dos seus lados é moi deficiente aumentando o risco polas noites. A incorrecta iluminación, que forma parte dos requisitos de accesibilidade, tamén priva do seu uso nocturno seguro, que sería o máis frecuente no inverno..

A accesibilidade está a incumprirse en moitas as novas obras do Goberno, a pesar de que a alcaldesa a publique como un dos seus obxectivos. Así, ademais dos saíntes e a baixa iluminación, a accesibilidade na Gándara non se cumpre polos chanzos de acceso e porque a única rampla dispoñible tampouco cumpre os requisitos.

Os defectos na construción tamén son habituais nas obras do Concello. Neste caso o problema foi que o chan, debido á baixa calidade do formigón e/ou da súa aplicación fixo que a capa superficial desfixésese en po co normal uso da pista volvéndose esvaradío. Isto obrigou a novos gastos (que afrontou o  Concello no lugar da empresa construtora), optándose por cubrir cunha manta tipo herba artificial, solución temporal que causará novos gastos no momento que rompa polo seu uso.

No Alto tampouco se cumpre coa iluminación, anchos de acceso, e características das escaleiras; escaleiras que morren no campo (esvaradío en mollado) ou nunha superficie irregular e cun bordo de xardín para un fácil tropezo. A propia madeira das escaleiras vólvese esvaradías nun curto prazo polo “verdín” que se forma sobre elas. Tampouco se fixo unha recollida das augas que baixan da zona axardinada (parece que non previron que ía chover) que fai regatos pola pista deixando os finos do barro no fondo das innumerables charcas (algunha delas bastante profunda) que fan o chan esvaradío, e que novamente mostran un defectuoso traballo que obrigará ao Concello a novos gastos.

Por outra banda, na pista de O Alto bótanse en falta bancos para o público ou para descanso dos xogadores, papeleiras para depositar os envoltorios de comida e bebidas, e unha fonte de auga para aplacar a sede polo exercicio, cousas que parece que tampouco podían prever.

Deixa unha resposta