Eliximos critica a falta de información para o pleno.

Eliximos critica a falta de información para o pleno.

Previamente ao pleno deste mes de marzo, Eliximos reclamou información para poder exercer o seu ter resposta, algo que vénse repetindo con frecuencia. A táctica é darnos o mínimo de información posible (aínda estando no noso dereito) para que non poidamos utilizala para esixirlles que fagan correctamente o seu traballo e na defensa dos dereitos dos veciños. Así temos:

  1. Un inventario de bens tan deficiente que nin eles mesmos saben o que ten o Concello, entre outros motivos porque mesturan as cousas, por exemplo neste pleno poñendo construcións no apartado de equipos. Xa llo advertiu o Consello de Contas o pasado ano que lles dixo: “O inventario de bens do concello non está completo e actualizado. Precisa da revisión de data de entrada en funcionamento e valoración dos bens para a correcta contabilización e amortización dos mesmos”. Pedimos copia do inventario de bens para estudar a situación pero sen que nolo desen.
  2. O plan orzamentario a medio prazo este ano xa o aprobou directamente a alcaldesa sen pasar polo pleno máis que para “dar conta” da proposta realizada, pero só nos contaron a metade, os resultados numéricos, das explicacións que tiñan que darnos de como os calcularon NADA DE NADA.
  3. No pago das facturas NON LEGAIS atopámonos con moitos contratos caducados (recollida de lixo e limpeza viaria, xardinería, etc.), facturas que nunca tiveron un contrato (facturas eléctricas e de gas) e outros son gastos periódicos (seguros, sistema de impresión, etc.) cuxo pago parou a interventora, pero o alcalde e a alcaldesa anularon devanditos reparos sen máis preocupación. Precisamente dos reparos da interventora anulados e das súas resolucións non se nos deu a información.
  4. Tampouco se informou das resolucións que adoptou a alcaldesa e outros órganos de goberno durante o mes como fixa o regulamento, algo que vimos pedindo desde hai meses.

Parece que seguen a máxima de “Información é Poder” e por iso non nola queren dar.

Deixa unha resposta