Bo Nadal e Feliz ano 2019

Dende Eliximos Narón queremos felicitar estas festas a todos os naroneses, e en xeral a todas as persoas, e desexarlles un mellor ano 2019.

Este ano vai ser para nós un ano importante porque se celebrarán as eleccións municipais e será o momento de saber como valora a veciñanza o traballo feito e en que medida chegou e serviu aos naroneses.

O labor feito dende a oposición é máis difícil de que poñer en valor, porque, en xeral, non repercute tan directamente sobre a veciñanza como o traballo do goberno, pero non deixa de ser un labor importante porque serve de base para previr a corrupción e para vixiar que o goberno do Tripartito sexa un goberno para todos os naroneses.

Nas próximas datas iremos facendo unha análise do traballo feito e do que se está a facer para dalo a coñecer aos veciños.

Recibide unha aperta dende o equipo de Eliximos.

Deixa unha resposta