A Valedora admite a trámite as reclamacións sobre a estrada de O Trece.

Con data 4 de xullo Eliximos, actuando en representación dos veciños afectados pola obra de ampliación do Trece, remitiu un escrito á Valedora do Pobo no que se solicitaba “Amparo legal para as reclamacións da veciñanza e para que a obra en cuestión non supoña unha perda dos dereitos da veciñanza.”

Dito escrito ía acompañado dun resumen do proxecto, das propostas de mellora solicitadas polos veciños, do informe elaborado polo “Servicio de Vías y Obras” da Deputación, da contestación veciñal a dito informe (que foi remitido ao Presidente da Deputación acompañado da firma de 400 veciños afectados polo proxecto), e finalmente dun documento gráfico con algunhas das incidencias máis destacadas do proxecto.

Nos citados documentos que se axuntaban encóntranse recollidas tanto as reclamacións como os argumentos esgrimidos pola veciñanza para solicitar unha mellora nas obras de ampliación da estrada e que se centran fundamentalmente en cuestións de accesibilidade da estrada e as propiedades lindeiras á mesma, cuestións de seguridade para os vehículos os seus ocupantes e as casa máis próximas á calzada, de estabilidade tanto da propia estrada como das leiras e casas, preinstalación de todos os servizos e de recollida e canalización das augas pluviais aos regatos próximos.

Hoxe martes, 17 de xullo recibimos a comunicación da “Valedora do pobo” dando por admitida a queixa por cumprir os requisitos para elo e iniciando as actuacións fronte a Deputación da A Coruña para que facilite información sobre o problema que motivou a queixa.

Deixa unha resposta