A posverdade na política de Narón.

A posverdade na política de Narón.

A “posverdade” ou mentira emotiva é unha distorsión deliberada da realidade co fin de crear e modelar opinión pública e influír nas actitudes sociais.

Non sabemos que será peor si a ocultación e falsificación da verdade duns, si a política da  posverdade doutros (que está a gañar peso na política de Narón) que deixa a un lado os feitos reais e centra o debate en apelacións a emocións da veciñanza, dende Eliximos seguimos a apostar pola verdade, aínda con ser o camiño máis difícil.

No pleno de outubro pasado e na prensa (aínda que tivo pouco eco) xa denunciamos os cambios nas indemnizacións e dedicacións a concelleiros do tripartito naronés, e aínda que nun primeiro cálculo saíanos un maior gasto, o certo é que a desaparición do anterior soldo da alcaldesa e dalgúns pagos de asistencia ás comisións dan en conxunto unha baixada do gasto. Sen embargo, é rechamante a manobra para lavarlle a cara ao asunto ante o aviso do Consello de Contas, substituíndo unha indemnización (por estar a cargo dunha concellería) por o pago das asistencias semanais ás Xuntas de Goberno que, sen ningún tipo de xustificación, pasaron de 180 €/mes a 1000 €/mes, un aumento do 556 % (5,6 veces máis), cobrándose máis por ir á Xunta de Goberno que por ir ao Pleno (máximo órgano de goberno).

A pesar de que a forma correcta de facer os pagos polas delegacións dos concelleiros (segundo o artigo 75 da Lei de Bases de Réxime Local) é mediante retribucións de soldos por dedicacións exclusivas ou parciais (cos seus pagos á Seguridade Social) tamén é certo que sentenzas do Tribunal Supremo (STS 5657/2000, STS 4686/2006, etc.) dan por legais os pagos por indemnizacións que se viñeron facendo ata agora.

Os cambios feitos esconden, nalgúns casos, unha paga para concelleiros do goberno que por traballar en empresas da Administración Pública que por a lei de incompatibilidades non poden ter dedicacións sen pedir unha excedencia total ou parcial no seu traballo.

Sen embargo, o problema non está nos pagos, que son legais, senón no ético de cobrar por unha responsabilidade ou traballo mal atendido. Para nosoutros, por exemplo, parécennos totalmente insuficiente unha dedicación de 1,5 horas ao día para o responsable da economía dun concello de case 40.000 habitantes (media legal máxima que pode dedicar dentro do horario laboral do concello), e a realidade danos a razón cando vemos que estando no mes de marzo aínda estamos sen orzamentos, ou vendo que el año pasado non foron capaces de xestionar as axudas ás entidades deportivas, que teñen retrasos nos pagos aos provedores con 2 de cada 3 euros pagados fóra de prazo e 380.000 euros en facturas no caixón, e ordenanzas fiscais aparcadas sen actualizar, etc.

Si ben é certo que ter unha dedicación exclusiva non é garantía de atender ben as responsabilidades como vén demostrando o concelleiro de obras.

Así que, aínda que contar verdades non ten tanto rendemento político como outras estratexias seguiremos apostando por ela.

Deixa unha resposta